Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

Remataron as obras dos locais sociais en dúas parroquias de Castro

Por 18 Novembro, 2022Novembro 19th, 2022Sin comentarios

A Xunta apoiou con preto de 33.000 euros as obras de recuperación de dous inmobles como locais sociais no concello de Castro de Rei, situados nos núcleos de Barxa (parroquia de Santa Locaia) e A Anoca (San Martiño de Goberno).

Así, a asociación Corazón de Jesús obtivo unha achega de 16.100 euros para reformar por completo a antiga escola de Barxa, incluídos novos baños, tabiques, portas e pavimentos, a renovación da instalación eléctrica e o pintado interior e exterior.

En canto á agrupación veciñal de San Martiño de Goberno, a Xunta concedeu 16.600 euros para acometer unha restauración integral do vello teleclub da Anoca, coa substitución da cuberta, as portas e as fiestras por outros elementos que proporcionan mellor illamento e incrementan a eficiencia enerxética do local. Tamén se acondicionou o chan e pintouse o inmoble por dentro e por fóra.

Javier Arias gabou a iniciativa das asociacións veciñais, “en especial nas zonas rurais, porque con este tipo de actuacións recuperan vellas construcións que perderon o seu uso orixinario para convertelas en lugar de encontro e convivencia”.

Nese sentido, o delegado subliñou o apoio da Xunta ao asociacionismo veciñal con medidas como esta liña de axudas para acondicionar e equipar locais sociais, que en 2022 incrementou o seu orzamento nun 20% con respecto ao exercicio anterior, ata acadar os 3 millóns de euros. Na provincia de Lugo, este ano beneficiáronse 31 agrupacións que percibiron 433.500 euros.