Skip to main content
Axenda CaducadaCastro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

Chegarán en decembro a Castro de Rei os boleros cubanos

Por 20 Novembro, 2022Sin comentarios

A Asociación Amigos da Feira de Castro de Rei convocou a actuacion de A Dos Trovando o próximo 4 de decembro no teleclub de Castro de Rei con entrada de balde e baixo o título A Istoria do Bolero Cubano.

A Dos Trovando é un proxecto que xorde do amor polos boleros e cancións da Trova Tradicional Cubana. Cun guión didáctico e divertido farán unha viaxe no tempo para levarnos ao Santiago de Cuba de finais do XIX. Alí coñeceremos aos músicos que van cultivar a Trova e asistiremos á xénese de Tristezas, o primeiro bolero.

Comezado o século XX, seguiremos aos trobadores na súa emigración cara á Habana cantando a dúas voces, prima e segunda, as súas obras máis emblemáticas; as primeiras co acompañamento de dúas guitarras, e co formato de sexteto as compostas a partir da década do 20, cando aparece o Son Cubano.

O seu espectáculo cheo de arte e humor emociona e mantén en todo momento a atención do público. Para moitos é unha agradable sorpresa descubrir a beleza e a riqueza musical e poética dos boleros, unhas cancións inmortais. Paralelamente, proxectaranse fotografías da época alusivas ao que irán narrando e cantando, que axudarán a situar á audiencia en cada momento da historia.