Skip to main content
Axenda CaducadaCastro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

Batital actúa este sábado en Castro Ribeiras de Lea

Por 24 Novembro, 2022Sin comentarios

O grupo Batital estará o sábado 26 de novembro no auditorio da casa da cultura de Castro Ribeiras de Lea, no marco da xira de celebración do seu décimo quinto aniversario.

Debido a que se prevé bastante afluenza, e o aforo é limitado, polo que poden recollerse con antelación as entradas. Estas están listas para a súa recollida dende hoxe, xoves 24 de novembro, no bar Valiño, e nas oficinas do Concello en Castro de Rei.

Batital é un grupo de Lugo que fai música moi variada, desde nanas ata tangos pasando por bossas e principalmente música propia.