Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

A socialista Alba Sinde continúa cos encontros coa veciñanza de Castro de Rei

Por 29 Novembro, 2022Sin comentarios

A candidata á Alcaldía, acompañada dos concelleiros socialistas, pechará os encontros o 17 de decembro, na Casa de Cultura de Castro Ribeiras de Lea ás 18:30 horas

A candidata do PSdeG á Alcaldía de Castro de Rei, Alba Sinde, está percorrendo tódalas  parroquias do concello para coñecer de primeira man as necesidades dos veciños e veciñas, e estar aí para eles.  “Quero que dende o minuto un a veciñanza poida ser partícipe do noso proxecto progresista, e ao mesmo coñecer de primeira man tódalas propostas que se presenten en cada recuncho do noso municipio”, asegurou a candidata.

Por iso, o pasado 12 de novembro xa comezou as xuntanzas nos locais sociais de Loentia e Anselmar, e estivo tamén no Centro Cultural Xosé Manuel Carballo e a Escuela de Prevesos, e esta pasada fin de semana participou na Escola de San Julián e na Escola de Triabá. Nesta última xuntanza tivo a oportunidade de presentar un novo membro da candidatura socialista, Sergio Peteira, un mozo veciño da parroquia de Matodoso, estudante de Interpretación, que segundo explicou quere participar en política “para axudar a que o meu pobo medre e non quedemos illados e sen xente nas nosas parroquias. Entre todos temos que crear proxectos que contribúan a dinamizar o noso concello”. 

A candidatura socialista de Alba Sinde, que foi presentada polo Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca, nos castros de Viladonga, amosouse moi contenta coa boa acollida e alta participación da veciñanza nestes encontros. “Estou gratamente sorprendida por tódalas propostas que nos están facendo chegar dende tódolos lugares, percibimos que a xente quere que haxa outro xeito de facer política e de responder ás demandas dos cidadáns sen favoritismos e atendendo sempre á demanda real da poboación”, dixo.

Vindeiras xuntanzas

As vindeiras xuntanzas que ten organizado a candidata socialista, e que realiza acompañada dos concelleiros do PSdeG de Castro de Rei, será este sábado día 3  de decembro, ás 16:00 horas, na Escola da Ponte de Outeiro, e máis tarde ás 18:30 horas a cita será no centro cultural Ignacio Rey-Stolle, coa veciñanza de Bazar, Coea, Oroxe e Pumar. O venres 16 de decembro charlará no Local Social de Ludrio ás 19:00 horas cos veciños, e pechará a rolda de xuntanzas o día 17 de decembro, na Casa de Cultura de Castro Riberas de Lea ás 18:30 horas.