Skip to main content
Axenda CaducadaCospeito

Presentan en Muimenta dous libros e unha exposición con temática feminista

Por 9 Novembro, 2022Sin comentarios

Este venres, 11 de novembro, Muimenta acollerá a presentación de dous libros e unha exposición vinculados ao tema da muller.

A sesión terá lugar ás 20.30 horas na Igrexa Vella de Muimenta e contará coa presentación dos libros Non penses nun elefante rosa, coa autora Antía Yáñez e Receitas de vida. Economía Feminista, da Asociación de Estudos Laborais Feministas – Aselafem.

Ademais, este último colectivo presentará a súa mostra, que como os libros, trata temas moi interesantes sobre saúde mental, economía feminista, experiencias de vida, relacións…..

Trátase dunha nova actividade organizada pola Asociación Cultural Aquilino Iglesia Alvariño.