Skip to main content
Axenda CaducadaCospeito

Buscan en Muimenta mocidade para un obradoiro de ReConexión

Por 27 Novembro, 2022Sin comentarios

A asociación Aquilino Iglesia Alvariño de Muimenta busca mocidade de Muimenta de 10 a 15 anos para participar no obradoiro  de ReConexión que terá luga o domingo 4 de decembro de 11.00 a 14.00 horas na Casa da Cultura da localidade.

A través deste obradoiro audiovisual, que está enmarcado na programación da Rede Museística Provincial de Lugo, un grupo de rapazada da comunidade entrevistará a unha persoa maior de Muimenta co obxectivo de recuperar historias en risco inminente de ser esquecidas, crear lazos interxeracionais e aprender valores en positivo.

Imparte a veciña Andrea Maseda Prado a través de Neocultivo Cultural.

Para participar pódese enviar un correo a neocultivocultural@gmail.com ou chamar ao teléfono 607 867 677.