Skip to main content
Cospeito

Este venres regresa o treatro afeccionado a Muimenta

Por 30 Novembro, 2022Sin comentarios

O teatro afeccionado regresa este venres a Muimenta coa representación da obra 21/3, a cargo do grupo de teatro Down Lugo. será este día 2 ás 20.00 horas na casa da cultura de Muimenta, organizado pola Asociación Aquilino Iglesia Alvariño.

21/3 trata sobre cada membro do grupo, sobre as súas inquedanzas: como nos ven?, como nos gustaría que nos visen?, somos aceptados?, porque temos que ser aceptados?, non somos como os demais? ou somos como Segismundo buscando o motivo do seu castigo?

Os textos creados no taller de teatro, son eses retazos que unha vez cosidos cobraron vida. Xógase coa numeroloxía: 21 escenas en tres actos, 21 de marzo e o triple cromosoma 2.

Unha obra para enternecer, rir e chorar. Como a vida mesma.