Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

Remata a primeira Poxa de Gando Frisón de Friol coa venda dos 18 animais presentados

Por 13 Novembro, 2022Sin comentarios

Friol acolleu este sábado a primeira Poxa de Gando Frisón de Friol, que organizou conxuntamente o Concello e Friol e Africor Lugo.

Vendéronse en total 18 animais, todos os que saíron a pista alcanzándose un volume de ventas de 53.900 euros, cun precio medio por cabeza de 2.994 euros.

O exemplar subastado polo prezo máis alto foi Carballo de Baixo Goal Reina, presentado pola gandería Carballo de Baixo SC de Sarria. Foi mercado pola gandería Xesteiro de Zas, na Coruña, por 4.800 euros.

O segundo prezo máis alto foi para Queiroga Goal, presentado por Casa Queiroa do Paramo, adquirido pola gandería Pena Guisande do Paramo tamén por 4.200 euros.