Skip to main content
Axenda CaducadaFriolFriol TERRACHÁXA

Unha charla informará en Friol sobre as novidades da PAC para o 2023

Por 28 Novembro, 2022Sin comentarios

O vindeiro 1 de decembro impartirase no concello de Friol unha xornada técnica sobre as novidades que se porán en marcha con motivo das axudas da PAC para o ano 2023.

A actividade está dirixida a gandeiros e agricultores e terá lugar no salón de actos do centro sociocultural a partir das 11:30 horas.

Os encargados da exposición serán José Balseiros, director xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, así como director do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), e Jorge Piñeiro Mariscal, subdirector do Fogga, o organismo da Consellería do Medio Rural, encargado da xestión e pago das axudas da PAC en Galicia.