Skip to main content
Axenda CaducadaGuitiriz

A veciñanza de Guitiriz terá un curso para aprender a usar os caixeiros

Por 14 Novembro, 2022Sin comentarios

Dando resposta as peticións dos maiores que ven limitado o uso do caixeiro ao non ter os coñecementos adecuados para levar a cabo as diferentes operacións e debido á redución das oficinas bancarias, o Concello de Gutiriz ofrece un curso sobre o manexo seguro dos caixeiros. Esta formación será o vindeiro 16 de novembro ás 10.30 horas na Casa Habanera.

Con esta iniciativa estase dando resposta a unha demanda dos veciños que poderán facer uso de maneira sinxela deste aparello bancario.

O curso está enmarcado no Programa de Educación Financeira no que se ensina a usar os caixeiros para facer as operacións máis habituais en calquera momento.