Skip to main content
Axenda CaducadaGuitiriz

Nove curtas preséntanse este ano a concurso no Festival de Cine de Roca

Por 21 Novembro, 2022Novembro 22nd, 2022Sin comentarios

A asociación Xermolos e os veciños de Roca celebrarán a próxima fin de semana e tralo parón da pandemia unha nova edición do concurso de curtametraxes do Festival de cine de música de Roca, nesta aldea de Guitiriz.

Este ano preséntanse dous curtas na categoría de galegas, O Fiadeiro presenta: 25 anos fiando e Xorima., abrirán as proxeccións de concurso do sábado ás 19.30 horas.

Na cartegoría de curtametraxes internacionais hai sete aspirantes ao premio: Malakooti; Crema dura, quemadura; Cientos de intentos; Maldita. A Love Song To Sarajevo; Bésame Mucho; Uno más, e En el balcón de mi dama. As proxeccións destes serán a partir das 20.30 horas.

A entrega de premios está prevista sobre as 22.00 horas para rematar o festival cunha ruada na palleira de Galicia Rural. Haberá bar con magosto, petiscos e música en directo coa actuación de Branca Villares e Proxecto Consoante.

Previamente, o festival dará comezo o venres na igrexa de San Xiao de Roca coa presentación do festival e o pregón, que estará a cargo de Inés López López, escritora lucense, a partir das 19.30 horas.

Baixo o título Galiza con Kepa Junkera haberá unha rolda de intervencións ás 20.00 horas con Alfonso Blanco Torrado, presidente e fundador da Asociación Cultural Xermolos, organizadora do Festival de Pardiñas; Diego Cabaleiro, director do grupo de pandereteiros da Asociación Cultural Folclórica O Fiadeiro de Vigo e outras intervencións.

A continuación terán lugar dúas proxeccións, a reportaxe do XXXIII Festival de Pardiñas (2012), de Suso Pena – Foto Suso, con gravacións do directo de Kepa Junkera e Berpiztu. Preestrea en Galiza do documental que repasa parte do enorme legado e que dá a coñecer a historia de superación do pioneiro trikitilari Kepa Junkera, dirixido por Fermín Aio. Estrea en cines 2 de decembro.

O Festival de Cine de Música en Roca é un proxecto cultural organizado na aldea de Roca, no que durante dous días se proxectan películas, documentais e curtametraxes con temática musical, ó aire libre, e co obxectivo de dinamizala vida cultural da aldea e arredores.

Normalmente esta cita cultural tiña lugar en xullo pero este ano adiouse a novembro. Este proxecto naceu arredor da Asociación cultural Xermolos inspirado na Mostra de Cine de Ascaso.