Skip to main content
Axenda CaducadaGuitiriz

Guitiriz prepara unha concentración para o 25 de novembro contra a violencia machistaviol

Por 22 Novembro, 2022Sin comentarios

O Concello de Guitiriz organizou para este venres, 25 de novembro, ás 19 horas unha concentración no Campo da Feira en repulsa contra a violencia machista, que será o acto principal que se levará a cabo este ano polo 25N, Día Contra a Violencia de Xénero.

Ademais, durante toda a semana difundiranse nas redes sociais de Guitiriz Igualdade diferentes materiais que xirarán en torno ao lema deste ano: O teu silencio pode matar. Non á violencia machista.