Skip to main content
Guitiriz

Aprazada en Guitiriz a xornada sobre a implantación dos ODS

Por 23 Novembro, 2022Sin comentarios

O Concello de Guitiriz non celebrará finalmente este xoves, 24 de novembro, de 16:30 a 18 horas na Casa Habanera a xornada para presentar o plan que permitirá mellorar a implantación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) no municipio. Esta foi aprazada provisionalmente sen data sinalada.

O goberno local continúa así coa súa folla de ruta para lograr unha implantación exitosa da Axenda 2030 no municipio.  Na primeira parte do fíxose unha análise do cumprimento dos ODS por parte do Concello e agora o obxectivo é elaborar un plan para mellorar nese sentido.

Así, na xornada presentarase ese plan estratéxico, que inclúe propostas para acadar os ODS, e avaliarase a nivel grupal para ver as súas posibilidades e a súa viabilidade.

Está convocadao público en xeral e o tecido asociativo do municipio.