Skip to main content
Axenda CaducadaGuitiriz

Man Castro presenta en Guitiriz o seu novo libro

Por 28 Novembro, 2022Sin comentarios

O Concello de Guitiriz acollerá o próximo martes, 29 de novembro, ás 19 horas na Casa Habanera a presentación do libro Ángeles Alvariño. Mi estela en los océanos, de Man Castro.

Desde a Biblioteca Pública Municipal celebran o mes da Ciencia en galego nas bibliotecas coa presentación desta obra na que o xornalista Man Castro recupera e divulga os méritos da oceanógrafa Ángeles Alvariño. Nas súas páxinas o lector descubrirá unha valiosa documentación na cal se poderá achegar á figura humana e descubrir o  talento profesional da investigadora, natural de Serantes, Ferrol.

No acto intervirán, ademais do autor, a alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, e Antón de Guizán, de Nova Poesía Guitirica. A entrada é de balde.