Skip to main content
Guitiriz

A Feira de Parga recupera o mercado de galiñas e aves

Por 27 Novembro, 2022Sin comentarios

A Feira de Parga celebra hoxe a segunda cita mensual e faino co permiso da Xunta para celebrar o tradicional mercado de galiñas e outras aves, que fora suspendido por orde do Goberno autonómico debido a un novo gromo de gripe aviar.

Este permiso chega tras unha serie de trámites que se levaron a cabo para adquirir o permiso e que obriga a tomar unha serie de medidas similares ás que había antes deste último veto. Entre elas figuran varias prohibicións como a de comercializar aves que procedan de explotacións sen rexitrar ou mercar aves que non teñan REGA. Tamén está vedada a manipulación de aves fóra das gaiolas ou sacar estas fóra do espazo cuberto.

Tamén extán excluídas aves procedentes de explotacións ubicadas na costa, limitándose a venda nesta feira ás zonas limítrofes das comarcas da Terra Chá, Lugo, Ulloa e concellos limítrofes da provincia da Coruña.

Advírtese tamén de que a partir do 1 de xaneiro de 2023 na Feira de Parga non se ponderan comercializar aves co permiso de auto-consumo se non que será obligatorio o permiso de explotación expedido polas oficinas comarcais da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.