Skip to main content
Axenda CaducadaMeira

ACEA Meira arranca este venres o Nadal meirego

Por 22 Novembro, 2022Sin comentarios

Meira inicia este venres o Nadal aproveitando a celebración do Black Friday e organizado pola Asociación de Comerciantes, Empresarios e Autónomos en colaboración coa comisión das festas patronais do próximo ano.

O acto principal será unha tómbola, co sorteo de máis de 50 premios entre os tickets que correspondan a compras realizadas durante esta semana en calquera dos establecementos asociados. Será a partir das 21.00 horas no bar Centro.

Ademais, ACEA Meira realizará o acendido das luces de Nadal, a estrea dos escaparates dos negocios, un photocall, un carrusel para os pequenos e unha churrería.