Skip to main content
Axenda CaducadaMeira

O alumnado de Meira concentrarase contra a violencia de xénero

Por 24 Novembro, 2022Sin comentarios

Un ano máis a veciñanza de Meira unirase á campaña En Negro conta a violencia de xénero cunha concentración o día 25 ás 11.00 horas na praza do Concello.

Están convocados a esta cita os alumnos e alumnas do CEIP Poeta Avelino Díaz, do Instituto de Ensino Secundario Pedregal de Irimia e os membros da Escola de Música de Meira.

Nesta xuntanza leranse manifestos contra esta lacra e se farán diferentes accións. Trátase dunha xuntanza que é xa unha tradición na localidade meirega.