Skip to main content
Muras

Muras acolleu a sétima edición da Feira do Mel con presenza de máis de 11 produtores

Por 21 Novembro, 2022Novembro 22nd, 2022Sin comentarios

A Feira do Mel de Montaña de Muras volveu esta fin de semana cunha nova edición, a VII, cun intenso programa de actividades e a celebración do concurso de calidade do mel, no que participaron este ano 11 empresas apícolas locais.

A programación combinou actividades de todo tipo para nenos e maiores con relatorios espacialistas, obradoiros de cociña e actuacións musicais ademais dunha degustación. Diego Mosquera e Beatriz Soteo foron os condutores destas actividades que se desenvolveron na praza do Viveiró.

Gran éxito de público nunha nova xornada na que os premios da cata foron para o viveirense con colmeas en Muras César Castro Piñón, como mellor monofloral de breixo, e o segundo recaeu no apicultor vilalbés Iván Díaz Souto.