Skip to main content
Muras

O PP pide unha revisión da obra da praza da Galeguidade de Muras antes da entrega

Por 25 Novembro, 2022Sin comentarios

O próximo luns está prevista a reapertura do tramo cortado da estrada provincial LU-P 6602 en Muras a causa das obras levadas a cabo na Praza da Galeguidade e no seu entorno. “Hai aspectos do resultado destas obras, acometidas con fondos provinciais, que non gustan aos veciños”. O PP faise eco das queixas veciñais e suxire que se teñan en conta antes de dar por rematadas as obras. Así o indica a portavoz popular, María Eugenia Requeijo.

Para os populares, hai algún farol que, por estar situado na mesma calzada e nunha zona na que esta se estreita, probablemente xerará problemas ao tráfico rodado, ata o punto de que pode constituír un problema de seguridade. Isto ocorre, por exemplo, nas inmediacións da igrexa.

Por outro lado, Eugenia Requeijo comparte tamén as críticas veciñais en canto á falta de protección do espazo reservado para o paso de peóns en relación coa calzada. “Aínda que o pavimento é distinto, ao estar ambas zonas ao mesmo nivel, os veciños temen que acabe sendo utilizadas para o estacionamento de vehículos, dado que o Concello non acaba de crear os necesarios aparcadoiros no entorno urbano”.

Os populares sinalan que sería convinte que se reconsideraran asuntos como os indicados antes de dar por finalizada a execución das obras, “de maneira que finalmente os resultados sexan máis duradeiros, maior a comodidade para os usuarios da praza e do seu entorno, e tamén maior a seguridade para o tráfico rodado”.