Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Unha andaina, unha canción e bolsas reutilizables conmemoran o 25N en Outeiro de Rei

Por 24 Novembro, 2022Sin comentarios

Dentro da campaña de sensibilización que organiza o Concello de Outeiro de Rei con motivo da celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero están previstas varias actividades.

Así, o sábado 26 de novembro haberá unha andaina popular pola ruta da Illa Seivane. A andaina partirá ás 11:00 horas da Ponte Colgante de Parada e está aberta á participación de familias e persoas sensibles que apoian a loita contra a lacra social que supón este tipo de violencia.

As persoas interesadas poden inscribirse na Casa da Cultura  en horario de mañá ata o xoves  24 de novembro, no teléfono 982 393 408.

Por outro lado, nenos e nenas do servizo municipal de conciliación familiar están a traballar na elaboración dunha canción que será editada e gravada con motivo do 25N e posteriormente será dada a coñecer a través da web municipal.

Ao igual que en anos anteriores, vanse repartir gratuitamente bolsas reutilizables conmemorativas desta data. As persoas interesadas poden solicitar a súa nas oficinas municipais do Concello o próximo venres día 25 e ata esgotar existencias. Este material tamén estará dispoñible para a súa recollida na Casa da Cultura e no Centro Médico. Igualmente, repartiranse a través de nenos e nenas usuarios da Escola Infantil Municipal e do servizo de Conciliación Familiar.

O obxectivo con este tipo de accións sempre é o mesmo: sensibilizar e concienciar á poboación  para evitar a lacra social que supón a violencia de xénero.

Estas  accións están financiadas polo Ministerio de Igualdade  a través do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e polo propio Concello de Outeiro de Rei.