Skip to main content
A Pastoriza

Escollidos os gañadores do concurso de tapas da Pastoriza

Por 7 Novembro, 2022Novembro 8th, 2022Sin comentarios

A VIII edición da Ruta das Tapas, celebrada a fin de semana do 28 ao 30 de outubro organizada pola asociación de comerciantes local, Asapa, baixo o cancelo #SaboreApastoriza xa ten a listaxe de gañadores.

O primeiro premio, dotado con 270 euros foi para Marcos Acebedo e o segundo, de 135 para Cándido Cabado. En terceiro lugar, con 65 euros de recompensa quedou Icía Capón.

Ademais o vale de 50 euros do súper A Pastoriza foi para Noelia Campo e o do súper Atlántico para Sofía Rodríguez Amoroso.

Tamén se repartiron tres vales máis de 50 euros tamén, o de Gasóleos O Acebreiro foi para Jéssica Lourés, o do Curso de Conducción PTC para José María Folgueira e o de tiro con arco para María José Díaz Irimia.

Nesta ocasión participaron na ruta once os locais, 1 máis que o ano pasado, 5 de Pastoriza (O Cruceiro, Xarope, Brétema, a Casa da Cultura) e 4 en Bretoña (Tropical, Eskina, Luciano e Casa da Luz), ademais de Taberna Germán da Reigosa, Carrizal da Regueira e Taberna Molareda de San Cosme.

Vendéronse a un prezo de 2 euros e houbo servizo de bus o sábado con saídas da Pastoriza ás 19.30 horas con percorrido por Carrizal, Reigosa, San Cosme, Bretoña e Pastoriza, en intervalos de 45 minutos.