Skip to main content
A Pastoriza

Cancelada a sesión coa escritora Antía Yáñez na Pastoriza

Por 21 Novembro, 2022Sin comentarios

O club de lectura Entre Liñas da Pastoriza cancelou a xuntanza prevista para este sábado 26 con Antía Yáñez, sesión que xa fóra aprazada unha semana.

A escritora de Non penses nun elefante rosa tivo que anular a súa cita por problemas laborais, pero o club manterá a súa reunión.

Nesta obra, Antía trata, cun extraordinario sentido do humor, o tema da saúde mental. As páxinas de Non penses nun elefante rosa son divertidas, atrevidas, profundas, politicamente incorrectas e vertixinosas, e arrastrarán canda si moitas lectoras e lectores que lerán esta novela coma se visen unha serie sobre o tempo que vivimos.

Esta actividade é aberta para todo o público que queira asistir e tamén está aberta a participación no club de lectura.