Skip to main content
A Pastoriza

A Pastoriza investiu na mellora dos depósitos e na captación de auga das parroquias

Por 20 Novembro, 2022Novembro 21st, 2022Sin comentarios

O concello da Pastoriza, con fondos FCA2022, executou obras por un importe de 41.437,52 euros na mellora da rede de abastecemento de auga potable.

A finalidade das obras consistiu na mellora de determinados depósitos da rede de abastecemento de auga potable municipal.

A actuación consistiu basicamente na subministración e instalación nestes depósitos de equipos de cloración mediante a instalación de bombas e contadores de fluxo que regulan a achega de cloro en función do consumo; a instalación dun sistema de xestión mediante a implantación de autómatas con sensores de presión para o control de mantementos do nivel de auga asociados ao sistema de control do que xa dispón o concello.

A necesidade desta actuación estímouse de crucial importancia dado que coa implantación destes sistemas (xa instalados noutros depósitos con moi bo resultado) permítese controlar dun modo máis eficaz, máis concreto e fiable o cotexo do caudal nos depósitos e unha cloración adecuada en función do consumo.

Este labor ten á súa vez un aforro enerxético do servizo e a posibilidade de poder xestionar dun modo programado a capacidade de almacenamento de auga acomodada ás necesidades solicitadas polos abonados o que implica unha mellora substancial do servizo co engadido dun máis que posible aforro no mesmo.