Skip to main content
A PastorizaAxenda Caducada

Convocada unha andaina e teatro afeccionado para este sábado na feira da Reigosa

Por 25 Novembro, 2022Sin comentarios

Dentro do plan de recuperación da feira da Reigosa todos os últimos sábados de mes, a asociación organizadora convocou para este día 26 unha andaina polos diferentes barrios de Reigosa coa fin de promocionar a nosa contorna máis próxima desta parroquia pastoricense.

A saída será do centro sociocultural, ás 10.00 horas, e ten unha duración aproximada de dúas horas con dificultade  baixa.

Ao rematar haberá uns pinchos de balde para todas as persoas que participen nesta actividade.

TEATRO

E pola noite, a localidade acolle este mesmo día, ás 21.00 horas, unha representación teatral a cargo do grupo de teatro do Hula.

A obra a representar será Asasinato na tenda de roupa, e se atopa dentro da programación posta en marcha pola Deputación Provincial de apoio ao teatro afeccionado.

A representación terá lugar no local social da localidade, edificio Mariña Folgueira.