Skip to main content
As PontesAxenda Caducada

A próxima sesión dos Xoves na Biblio das Pontes contará cunha obra de títeres

Por 9 Novembro, 2022Sin comentarios

Esta semana continúan as actividades do Xoves na Biblio no concello das Pontes e que consisten en actividades de fomento da lectura organizadas pola Biblioteca municipal.

Así, este 10 de novembro, terá lugar o espectáculo familiar Sabela e o paxaro máxico, a cargo de Tarabelos. Terá lugar ás 18.00 horas na Casa Dopeso.

Unha pequena nena que ten que aturar os caprichos da súa xefa, un paxariño fantástico que sempre está disposto a axudala, un mago malvado, un ogro cheirento, un príncipe desaparecido, uns reis preocupados… E todo iso cheirando a perfume?