Skip to main content
As PontesAxenda Caducada

As Pontes acollerá en decembro a XL Semana Micolóxica Galega

Por 21 Novembro, 2022Novembro 22nd, 2022Sin comentarios

Do 2 ao 8 de decembro, a Federación Galega de Micoloxía celebrará nas Pontes a súa 40 Semana Micolóxica cunha gran variedade de actividades participativas, divulgativas, educativas e de lecer, todas elas relacionadas cos cogomelos no seu máis amplo sentido medioambiental, cultural, sanitario e económico.

Dentro da programación da semana haberá, entre outras actividades, saídas ao monte, obradoiros de identificación macro e microscópica, exposicións micolóxicas, conferencias, mesas redondas, micogastronomía, obradoiros de cultivo de cogomelos.

A Semana Micolóxica arrancará o venres coa inauguración oficial e as conclusións sobre un estudo dos fungos silvestres nas Pontes, antes da cea de confraternidade.

O sábado haberá obradoiros de cociña pola mañá e pola tarde seguirán as ponencias sobre o micoturismo. O domingo repetirase un pouco o estilo de programación con obradoiro de cociña e tamén unha visita micolóxica, e pola tarde, volven as charlas, neste caso sobre a relación dos incendios cos cogomelos e os aproveitamentos micolóxicos.

Durante a semana continuarán as saídas ao campo e os obradoiros de recoñecemento de cogomelos, aos que se sumarán pola tarde as ponencias sobre sanidade, microscopía e novas especies.

O martes abre a I Feira de Asociacións Micolóxicas na carpa do CEIP Santa María con visitas guiadas que se repetirán o mércores.

As xornadas chegarán ao seu final o 8 de decembro cunha nova saída micolóxica e un resumo da semana, aberta a todos, ás 13.00 horas.