Skip to main content
As PontesAxenda Caducada

Recital poético de cancións da emigración este sábado nas Pontes

Por 18 Novembro, 2022Sin comentarios

O auditorio Cine Alovi das Pontes acollerá este sábado, 19 de novembro, un recital musical a cargo de Borja Quiza, barítono, e Fernando Briones, piano baixo o título A emigración galega. Cancións de ida e volta.

A sesión será ás 19.00 horas e terá un prezo de 5 euros, con venda anticipada ou en taquilla o día da función unha hora antes.

O barítono, nacido en Ortigueira, neste espectáculo fai unha viaxe musical por Galicia e polos tres principais países vinculados con ela a través da emigración, Cuba, Arxentina e México.

No repertorio interpretaranse cancións de José Castro Chané, Xoán Montes e José Fernández Vide, con textos de Manuel Curros Enríquez, Rosalía de Castro e Eduardo Blanco Amor; de Arxentina de Horacio Pettorossi (Galleguita), Andrés Gaos (Vidalita) e Carlos Gardel (Volver), para rematar en México co bolero Bésame mucho.