Skip to main content
As PontesAxenda Caducada

Continúa o programa do 25N nas Pontes co fallo do concurso e teatro violeta

Por 24 Novembro, 2022Sin comentarios

Este  venres, día 25 de novembro, o Auditorio Municipal Cine Alovi acollerá a representación da obra Feminísimas, de Destexeito Produccións, unha creación colectiva coa amistade como fondo e o feminismo como forma. Será ás 21.00 horas.

Un Congreso Feminista na cidade de Vigo. Tres amigas da adolescencia que teñen tres maneiras moi distintas de entender o “feminismo”: feminismo radical, feminismo liberal e teoría queer.

Por outra banda, o xurado tamén escolleu o cartaz gañador e os cartaces finalistas do concurso organizado polo Concello das Pontes en colaboración con centros de Educación Secundaria do municipio, ao abeiro da programación deseñada con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

Un xurado, conformado por 4 persoas vencelladas ao mundo do feminismo e das artes gráficas, elexiu a proposta gañadora entre os 60 cartaces, para o que valoraron cuestións como a composición estética, o uso das cores ou os valores feministas que transmite.

Foi premiado o cartel de Carlos Alvariño Fernández e Teo Coello Ameneiro, de 3º da ESO do IES Castro da Uz. E como finalistas foron escollidos Estrella del Carmen Pardo Baamonde, de 2º da ESO B do IES Moncho Valcarce, e  David Otero Souto, de 2º da ESO C do mesmo centro.