Skip to main content
As Pontes

O Concello entrega os premios do concurso de tapas Saborea As Pontes

Por 26 Novembro, 2022Sin comentarios

O Concello das Pontes fixo entrega dos premios da XII edición do concurso de tapas, Saborea As Pontes.

Este ano o premio para a mellora tapa pontesa 2022, elexida por unha comisión de valoración oficial, recaeu na tapa Ferrero Roche Galego, elaborada polo bar A Segunda Cueva.

O premio á tapa pontesa máis valorada polo público foi para Delapiccola Food Bar coa súa tapa Tacos de Pescada con Manonesa de Kimchee.

Este evento tamén serviu para facer entrega dos premios, de 200 euros cada un, entre as persoas que entraron nun sorteo tras cubrir os boletos do concurso con oito selos de diferentes locais.