Skip to main content
Rábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

O CEIP de Rábade intégrase no proxecto solidario Ningún aro sen rede

Por 4 Novembro, 2022Sin comentarios

O director da Fundación Breogán, Salva Arco e a directora da UNED de Lugo, Ana Traseira, visitaron o CEIP Otero Pedrayo de Rábade dentro do Proxecto, Ningún Aro sen Rede.

Agora mesmo nas canastras do CEIP Otero Pedrayo de Rábade, locen as novas #econets de Ecoballution.

O centro é o primeiro, fóra do Concello de Lugo, que se suma a esta campaña da Fundación Breogán, xunto coa UNED Lugo e Ecoballution, en prol da reciclaxe e da economía circular.

Dende hoxe mesmo xa poden empezar a empregar o contedor de reciclaxe de aparellos de escritura para xerar puntos que se moneticen en diñeiro destinado a fins sociais e por tanto a promover este fermoso Proxecto.

No pequeno acto de entrega estiveron presentes o director da Fundación, Salva Arco, que lles explicou ós nenos/as presentes en que consiste como funcionan se obteñen as redes de Ecoballution e como naceu o proxecto, pola súa parte a directora da UNED, transmitiulles a importancia da reciclaxe e da economía circular; e a súa profesora de educación física, Sara Ferreiro. Xuntos comprobaron que as redes de Ecoballution funcionan á perfección mediante un reto entre a rapazada de 5º e 6º de primaria no que se repartiron premios aos primeiros/as en anotar dúas canastras seguidas.

O proxecto Ningún Aro sen Rede ten como principais fins promover os valores do deporte e do desenvolvemento sostible entre a rapazada.