Skip to main content
Axenda CaducadaRábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

Rábade en En Negro concentrarase contra a violencia de xénero

Por 24 Novembro, 2022Sin comentarios

O Concello de Rábade volve estar este ano inmerso na visibilización das vítimas da violencia de xénero dentro da campaña En Negro, á que se suma todos os anos.

Así, a gran maioría dos locais comerciais están a participar nesta campaña facendo visibles o material que censura esta lacra e que se repartir esta semana.

Ademais, este venres, día 25 de novembro, están convocada toda a poboación ás 12.00 horas na praza 28 de maio a unha concentración na que se lerá un manifesto de repulsa contra ca violencia machista.