Skip to main content
Vilalba

60 persoas participaron no concurso de cabazas de Samaín en Vilalba

Por 2 Novembro, 2022Sin comentarios

Un total de 60 persoas participaron este 1 de novembro en Vilalba no III Concurso pinta e crea a túa cabaza de Samaín, unha iniciativa que naceu na pandemia e que continúa na súa terceira edición aumentando a participación, con cabazas cada vez máis orixinais e elaboradas, así como a asistencia, para desfrutar da decoración, o túnel do terror, as castañas ou a actuación final.

Este ano houbo preto de 60 participantes (35 infantís, 14 adultos e 10 artísticas). Ademais, participou o dobre de persoas nas votacións que o último ano, acadando case as 300.

Na cartegoría infantil os premios foron para Sergio Montes Souto, que recibirá 100 euros; Rebeca Amparo Otero Yáñez, 75 euros e Alba Díaz Barreiro, con 50 euros de premio. A distinción especial do público foi para Lucas Bello Cendán, que tamén recibiu 50 euros.

Na categoría de adultos o primeiro premio foi para Nuria Barrio Maseda, que tamén recibiu 100 euros; seguido de  María Rubiños González, 75 euros e María Tenreiro Ramudo, con 50 euros. O premio especial do público neste caso foi tamén para Nuria Barrio Maseda, que tamén recibe 50 euros.

Na última cartegoría, a artística Clara Naseiro Pérez foi a gañadora, tamén con 100 euros de premio, seguida de  José Gómez de Bernardo (75 euros) e María Tenreiro Ramudo (50 euros). O premio especial do público foi tamén para Clara Naseiro Pérez por 50 euros.

O xurado estivo formado por María Roca, xornalista; Marola Ramil, xornalista e empresaria; e Olga Seoane, integrante da escola de teatro municipal.