Skip to main content
Axenda CaducadaVilalba

O documental ‘Onde máis doe’ abre a programación do 25N en Vilalba este sábado

Por 3 Novembro, 2022Novembro 5th, 2022Sin comentarios

O Concello de Vilalba únese un ano máis á conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que se celebra o próximo 25 de novembro, cunha ampla proposta de actividades baixo o lema A meta, a igualdade. O feminismo, o camiño, que comezan xa este sábado, día 5.

O Auditorio Municipal Carmen Estévez acolle, a partir das 20:00 horas, a proxección da longametraxe Onde máis doe, un documental escrito e dirixido por Manane Rodríguez que narra o cruel asasinato por parte dun pai maltratador do seu fillo de 11 anos. Un ano despois un Xurado Popular condénao por asasinato (matar facendo uso pleno das súas facultades) e determina que o crime contra o neno non buscaba outra cousa que castigar á nai.

Na peza concurren temas coma a violencia, o acoso, o asasinato dun neno para facer dano a súa nai e a ameaza de morte que aínda pende sobre a súa muller.

As entradas pódense adquirir de forma totalmente gratuíta a través deste enlace ou o propio sábado día 5 no Auditorio Municipal.