Skip to main content
Vilalba

Presentan en Vilalba o libro ‘Palmeiras de Piueiros’ de Anxo Angueira

Por 8 Novembro, 2022Novembro 22nd, 2022Sin comentarios

O Instituto de Estudos Chairegos (Iescha) e Nova Poesía Guitírica (NPG) organizan o acto de presentación do libro, editado por Chan de Pólvora Palmeiras e Piueiros, do que é autor Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro.

O acto terá lugar o xoves 17 de novembro de 2022, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, e contará tamén coas intervención de Marisa Barreiro, presidenta do Iescha, e Mª Xosé Lamas, do colectivo Nova Poesía Guitírica.

Palmeiras, piueiros nace dun feito determinante: a morte da palmeira de Manselle, que para el simbolizaba un emblema do seu lugar natal e, ao mesmo tempo, unha refexión sobre a idea de rexurdimento na historia cultural da Galicia contemporánea. Nese suceso, desencadeouse o impulso creativo e extendenuse en múltiples dirección, nun proceso desbordante que atinxe tanto á intensidade formal como á profundidade das emocións. Máis que nunca, neste libro de Angueira, a palabra e a voz son un principio de pracer”, explica www.chandapolvora.gal.

Anxo Angueira (Manselle, Dodro, 1961) constrúe desde finais dos anos oitenta unha das obras máis persoais da poesía galega. A súa proposta, enxertada na intensidade do avío popular e relanzada no ámbito axitador, deixou pegadas indelebles en libros como Val de Ramirás (1989), O valo de Manselle (1996), Libro da Vertixe (1997) e Fóra do sagrado (2007). Desde finais dos noventa, internouse no cúltivo da narrativa, onde conseguiu unha grande acollida, tanto da crítica como dos lectores. Pensa nao (1999) ou Iria(2012) son algúns dos seus títulos máis celebrados. De entre os ensaios e investigacións como profesor da Universidade de Vigo, cómpre destacar A espiral no espello (2009). Das copras de Sarmiento aos cantares de Rosalía de Castro (2013), Rexurdimento: a palabra e a idea (2019) e a edición crítica da poesía de Rosalía de Castro. Foi membro fundador das Redes Escarlata (2001) e desde xuño de 2012 preside a Fundación Rosalía de Castro.