Skip to main content
Axenda CaducadaVilalba

Proxectan o sábado a longametraxe gañadora dos Mestre Mateo

Por 13 Novembro, 2022Sin comentarios

O Instituto de Estudos Chairegos (Iescha), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, continúa coas proxeccións correspondentes ás películas finalistas dos XX Premios Mestre Mateo (documentais e longametraxes). Nesta ocasión, tócalle o turno á película Tres, dirixida por Juanjo Giménez, e que resultou ser a longametraxe gañadora desta edición.

A proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o sábado 19 de novembro de 2022, ás 20:00 horas.

C. (39) é deseñadora de son. Goza co seu traballo. Pasa moitas horas soa, gravando efectos sala, wild-tracks, editando, mesturando. O estudo é o seu último refuxio: un lugar onde postergar as avariadas relacións que mantén coa súa exparella, coa súa anciá nai e cos seus compañeiros de traballo. Aínda que ela non o sabe, C. esta comezando a desincronizarse. Coma se fose unha película mal sonorizada, o seu cerebro comezou a procesar o son máis tarde que as imaxes.