Skip to main content
Axenda CaducadaVilalba

A parroquia vilalbesa de Noche está de festa esta fin de semana

Por 18 Novembro, 2022Sin comentarios

A localidade vilalbesa de Noche celebra esta fin de semana as súas festas na honra a San Martiño e San Ciprián.

As celebracións arrancarán cunha sesión vermú, que estará ao cargo do grupo Fénix, o mesmo que amenizará a verbena pola noite xunto a La Ocaband.

O domingo continuarán as celebracións ás 13.30 horas cunha misa cantada pola coral Mestre Pacheco de Mondoñedo. Tamén haberá procesión e completará a programación a sesión vermú co dúo Venus, co que se dará por rematada a festa.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto cunha carpa.