Skip to main content
Vilalba

Vilalba Aberta reclama o arranxo de viais na parroquia de Noche

Por 17 Novembro, 2022Sin comentarios

Vilalba Aberta, logo dunha comunicación coa Asociación Cultural e Recreativa Nausti,  vén de anunciar o rexistro dunha nova solicitude ao goberno demandando o arranxo de varios viais de titularidade municipal en Noche.

Así, e tal e como explicou o seu voceiro, Modesto Renda, VA defenderá a necesidade de actuar na intersección da pista da Igrexa coa estrada xeral (A Paloma) – Pista Caspepito a Rabilonga – Cruce casa Fermin – Escourido – Carraña a Outeiro -Cruce pista de Escourido.

Ademais, e ao tempo, a formación solicitará tamén que se fagan as tajeas na pista da Bouza para a maquinaria pesada dos gandeiros da SAT, así como o arranxo do camiño de zahorra de Outeiro ás SAT para evitar o deterioro das pistas coa maquinaria.

OUTRAS REIVINDICACIÓNS DA VECIÑANZA

“Dende VA recordarémoslle á alcaldesa a promesa que fixera sobre o financiamento por parte do Concello da instalación da auga no cemiterio parroquial” declarou Renda, logo de explicar que os veciños xa dispoñen dos permisos necesarios do Bispado e Patrimonio (Xunta de Galicia).

“Polo que nós sabemos, non tiveron contestación do Concello e nese senso a iniciativa”, argumentou.

Por último, e de xeito complementario o voceiro de VA comprometeuse tamén cunha serie de melloras na parroquia “máis alá das descritas”, e que “tampouco tiveron contestación”, entre as que destacan a impermeabilización e pintado exterior da  Casa Escola e a mellora no mantemento das tullas do Campo da Igrexa.