Skip to main content
Axenda CaducadaVilalba

O PP renderá homenaxe a Fraga en Vilalba no centenario do seu nacemento

Por 19 Novembro, 2022Sin comentarios

O PPdeG renderá unha homenaxe o vindeiro mércores 23 de novembro ao seu presidente fundador, Manuel Fraga, no día no que o mandatario cumpriría 100 anos.

Será na súa localidade natal, en Vilalba. Alí, ás 16,30 horas os populares galegos realizarán un homenaxe fronte ao busto de Fraga na Alameda do municipio lucense.

Así o avanzou en rolda de prensa este venres a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, que afirmou que “merece a honra” porque “grazas a el, o PP está onde está, liderando á comunidade con apoio maioritario desde hai 13 anos”.

Será unha homenaxe en Vilalba, a través do cal os populares galegos queren reivindicar a figura “do fundador do Partido Popular e dun dos pais da Constitución española”.