Skip to main content
Axenda CaducadaVilalba

Os empresarios de Sete Pontes reúnense este venres na xuntanza anual

Por 21 Novembro, 2022Sin comentarios

O venres, 25 de novembro, a Asociación de Empresarios Polígono Sete Pontes de Vilalba organiza a XVII Xuntanza de socios cunha churrascada nas propias instalacións do polígono.

A ración está composta por churrasco, liscos, ás, chorizo, queixo, pan e viño a un prezo de 8 euros para socios e de 12 para os non socios.

A festa dará comezo ás 21.00 horas e haberá colchonetas de balde para os pequenos e tamén contarán coa música da orquestra Sintonía de Sancovade, que actuará a partir das 23.00.