Skip to main content
Axenda CaducadaVilalba

Vilalba acolle unhas xornadas pola diversidade afectivo-sexual esta fin de semana

Por 23 Novembro, 2022Sin comentarios

O Consello da Cultura Galega e o Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, organizan as Xornadas 2022 pola diversidade afectivo-sexual e de xénero, que terán lugar os días 25 e 26 de novembro de 2022 na Casa da Cultura de Vilalba.

As xornadas, que se inaugurarán o venres 25 de novembro ás 18:00 horas, contarán coa participación de Cristina Palacios e Jesús Castro na primeira sesión. Xa o sábado estarán Carme Adán, Enrique Latorre, Daniela Ferrández e Carlos Callón. Ademais Piratas sen parche e Cizalla Producións presentan Eduardita.

Ao remate das xornadas terá lugar unha ofrenda floral diante do monólito das Irmandades da Fala.

Durante as xornadas inaugurarase a exposición Sen Cancelas. Memorias do arco da vella en Galicia.