Skip to main content
Axenda CaducadaVilalba

Imparten unha charla sobre seguridade na escola de Román

Por 25 Novembro, 2022Sin comentarios

A Casa Escola de Román acolle este sábado, 26 de novembro, unha charla sobre prevención de roubos, timos e estafas ademais de cuestións relativas á seguridade vial.

Esta sesión, que dará comezo ás 16.00 horas, terá unha hora de duración e está dirixida aos veciños das parroquias de Román, Goiriz, Carballido, Árbol e Rioaveso, aínda que poderá asistir veciñanza doustras parroquias.

A charla estará ao cargo de persoal técnico da Garda Civil que, xunto co Concello de Vilalba organiza estas sesións para reforzar a seguridade na veciñanza das zonas rurais.