Skip to main content
Axenda CaducadaVilalba

Vilalba clausura o programa do 25N este domingo

Por 26 Novembro, 2022Sin comentarios

O Auditorio Municipal de Vilalba acolle este domingo ás 18:00 horas o acto ExpresArte en Igualdade contra as violencias machistas e a favor da igualdade.

O Concello de Vilalba pecha a ampla programación polo 25N cunha actividade dirixida aos centros de ensino e o tecido cultural da vila.

Formarán parte desta iniciativa o IES Basanta Silva, o Conservatorio de Música, a Asociación Cultural Andrade, o CEIP Insua Bermúdez, Iescha, Corredores de Sombra, a Escola Municipal de Teatro e Lambe Lambe.

O Concello de Vilalba agradece a súa implicación para loitar pola igualdade e contra a violencia de xénero.

O obxectivo desta nova cita é sensibilizar, previr e loitar contra as diferentes violencias machistas, un propósito no que o Concello de Vilalba traballou cun amplo programa de actividades baixo o lema A meta, a igualdade. O feminismo, o camiño.