Skip to main content
Axenda CaducadaVilalba

O Iescha proxecta o sábado a última película finalista dos Mestre Mateo

Por 29 Novembro, 2022Sin comentarios

O Instituto de Estudos Chairegos (Iescha), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, pon fin ás proxeccións correspondentes ás películas finalistas dos XX Premios Mestre Mateo (documentais e longametraxes). Nesta ocasión, trátase da película Jacinto, dirixida por Javi Camino.

A proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o sábado 3 de decembro de 2022, ás 20:00 horas.

Jacinto é un adulto coa mentalidade dun neno. Vive en Mallou, unha sombría aldea abandoada entre as montañas, cos seus pais e o seu porco Martiño. A morte da súa mascota e a chegada de dúas novas veciñas estranxeiras porá o seu mundo patas arriba. Jacinto sospeita que as recén chegadas son vampiras que planean rematar coa súa familia para controlar a aldea. Para impedilo, porá en práctica todo o aprendido vendo pelis de terror.