Skip to main content
Colaboracións AMARIÑAXA

Os Mancebo en Mondoñedo e a emigración a Bos Aires

Por 19 Decembro, 2022Decembro 21st, 2022Sin comentarios

X. Isidro Fernández

Os Mancebo chegan a Mondoñedo coa chegada Andrés Mancebo como sarxento primeiro do Batallón Provincial desta cidade, o cal casa con Luisa González o vinte e seis de abril de mil oitocentos dezaoito o cal era natural de San Julián de Piñeiro, Diócesis de Lugo, co cal tivo un fillo chamado Joaquín José o cal morre o cal morre o seis de Outubro de mil oitocentos vinte e dous. A súa dona Luisa González xa había morto o dez de Marzo de mil oitocentos vinte e dous. Pouco tardou Andrés en volver a casar pois o fai na parroquia de San Xurxo de Lourenza con Antonia Álvarez do Campo con data de dez de xullo de mil oitocentos vinte e dous.

Con esta tivo dous fillos María Felipa o vinte e sete de Febreiro do ano mil oitocentos vinte e catro e Juan Andrés o seis de maio de mil oitocentos vinte e cinco, morrendo os dous sendo pícaros. A súa muller Antonia Álvarez morre o vinte e cinco de abril de mil oitocentos vinte e seis, facendo testamento o 22 do dito mes ante Ramón Insua, escriban. Novamente casa por terceira vez con Antonia Bazquez veciña na Balaia dos Castros no ano mil oitocentos trinta o mesmo tempo que recoñecen tanto Andrés como Antonia a Simón e Antonio que había tido como fillos e habíanos deixado no torno da Inclusa.

Despois de casados tiveron a Hermenegildo. Así podemos ver como nos libros da Inclusa se dí: “Simón n.º 3001. Octubre 27 de 1822. Expuesto en el torno de esta inclusa de Mondoñedo a las nueve de la noche del día veinti y siete de octubre del año de mil ochocientos veinti y dos un niño recien nacido enbuelto en un capotillo pañal y gorreta de lienzo y el pedazo de un covertor blanco, atado conuna punta del mismo al siguiente día se llevo a bautizar a la iglesia Parroquial de esta ciudad, lo que se hice con la solemnidad debida se le puso de nombre Simón y a cargo de María Alonso alias Griñeira hija de Francisco Barrera e Isabel del lugar de Curros parroquia de Santa María Maior y para que conste lo firmo. Manuel José Montero”. “En seis de Diciembre de 1822 paso a cargo de Teresa Fernández mujer de Juan Ares de Santa Eulalia de Roman. El niño contenido en la partida que antecede cumplío seis años de edad en veinti y ocho ceso la paga y se quedo con su ama hasta el día diez de Junio de mil ochocientos treinta que le entregue a Antonia Bazquez moradora en la Balaia de los Castros en esta ciudad después de haberme hecho contraer ser hijo suyo natural la que prometio obligandose a cuidarle y educarle como verdadera madre …”. La partida de bautismo esta inscrita en la decada de los cincuenta. D. Antonia Vázquez morreu de “tisis” o tres de nadal de mil oitocentos cincuenta e seis na súa partida de defunción di que ten tres fillos: “D. Simón Teniente de Infanteria, Antonio y Hermenegildo”. Don Andrés Mancebo fina el dezanove de mil oitocentos cincuenta e oito de enfermidade natural, nun dos párrafos da súa partida de defunción dí: “Dejo por hijos habidos antes de matrimonio Simón Teniente en el ejercito y Antonio y después del matrimonio a Hermenegildo”.

Hermenegildo Mancebo casa con Antonia Fernández en sete de novembro de mil oitocentos cincuenta e tres e tivo por fillos a Justo Cristóbal Andrés nado o seis de agosto de mil oitocentos cincuenta e catro, Pastor Juan Andrés o seis de agosto de mil oitocentos cincuenta e seis, Andrés Felipe o trece de setembro de mil oitocentos cincuenta e oito, Andrea Justa Erundina o vinte e tres de xullo de mil oitocentos sesenta e catro, Edesio Amancio Antonio María o oito de abril de mil oitocentos sesenta e un, Desiderio Antonio María o dezasete de setembro de mil oitocentos sesenta e seis e morre o doce de marzo de mil oitocentos sesenta e oito e Antonio María de la Esperanza Lesmas que nace o trinta de Xaneiro de mil oitocentos sesenta e nove.
O outro fillo de Andrés, Antonio Mancebo casa con Esperanza Soto o vinte e sete de febreiro de mil oitocentos cincuenta e catro, non tendo descendencia.

Doña Antonia Rei Cao muller de Hermenegildo Mancebo morre as dez da maña do día dezasete de setembro de mil novecentos seis vivía na rúa Cándido Martínez e lle quedaron por fillos do seu matrimonio “D. Justo casado con Luisa Torres, D. Pastor soltero, D Andrés casado con Doña Generosa Baamonde y Antonio soltero en Buenos Aires y D. Edesio también casado con Doña Remedios del Riego…”. Don Hermenegildo morre o vinte e nove de novembro de mil novecentos quince.

Un dos fillos D. Edesio casa na parroquia de Santiago de Mondoñedo con Doña Remedios del Riego o vinte e dous de agosto de mil oitocentos oitenta. Tivo como fillos a Pastor Hipolito o vinte e catro de maio de mil oitocentos oitenta e nove morrendo sendo seminarista teólogo o primeiro de maio de mil novecentos oito. Justo Tiburcio o once de agosto de mil oitocentos noventa, Severo Santiago Edesio o vinte e cinco de xullo de mil oitocentos noventa e dous, José de Arimatea Patricio o dezasete de marzo de mil oitocentos noventa e oito, Porfirio Nicomedes o dezaseis de setembro de mil novecentos, morrendo este de parvulo o trinta de setembro de mil novecentos e Concepción Crisanta Evarista nada o vinte seis de octubre de mil novecentos tres.

Don Edesio Mancebo morre o vinte e un de Xaneiro de mil novecentos trinta deixando como fillos “tres hijos mayores de edad llamados D. Justo, D. José y D. Concepción”.

Outro dos fillos de Hermenegildo, Andres, aínda en estado solteiro tivo una filla con doña Generosa Baamonde y Cavanas, pusolle de nome Julia e naceu o trece de Novembro de mil oitocentos oitenta e cinco.