Skip to main content
Viveiro

Boa acollida e elevada inscrición en Viveiro no curso de formación sobre o Espectro do Autismo

Por 1 Decembro, 2022Sin comentarios
Boa acollida e elevada inscrición no curso de formación ‘Comprender e Apoiar a Nenas e Nenos no Espectro do Autismo’ de Viveiro.
O programa de formación será impartido este sábado, 3 de decembro, por Marlene Horna Castiñeiras, psicóloga experta con máis de vinte anos de experiencia no apoio das persoas con trastorno de espectro autista (TEA).
Esta actividade forma parte de ‘Viveiro Inclúe’, un proxecto municipal para convertir o concello nun lugar inclusivo para as persoas con diversidade funcional.
‘Viveiro Inclúe’ é unha iniciativa que partiu das concellerias de Benestar Social e Cultura. “Aí naceu ‘Superarte’, a mostra de teatro feita por persoas con diversidade funcional, unha referencia a nivel nacional e xa unha prioridade para o noso goberno; ademais, no ano 2021 dedicouse ao TEA”, lembra a alcaldesa, María Loureiro.
O curso levarase a cabo na Sala Multiusos do Concello de Viveiro o sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas.