Skip to main content
AlfozComarca AMARIÑAXAO Valadouro

Aínda quedan prazas para solicitar o transporte gratuíto á piscina de Foz dende Alfoz e O Valadouro

Por 29 Decembro, 2022Sin comentarios

O Concello de Alfoz e o do Valadouro veñen de comunicar que aínda quedan prazas libres para o transporte gratuíto á piscina municipal de Foz.

Así, estes concellos subvencionan un autobús para desprazarse ata a piscina co fin de fomentar hábitos saudables a través dun curso de natación.

O devandito curso ten un prezo de 14 euros ao mes ou baño libre de 3.30 euros ao día e é obrigatorio saber nadar. Os usuarios terán que abonar o custo do curso pois o Concello tan só subvenciona o autobús todos os mércores laborables desde xaneiro ata xuño en horario de mañá.

Para máis información haberá que chamar ao teléfono 982 558 001.