Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAViveiro

Chega a Viveiro, Diverbasket, un torneo de 3×3 de Nadal

Por 26 Decembro, 2022Sin comentarios

O Concello de Viveiro xunto ao Club Baloncesto Viveiro presentaron o Diverbasket, unha iniciativa para este Nadal coa que se busca que os nenos e nenas da vila compartan os valores do deporte a través dun torneo de 3×3.

Esta actividade desenvolverase mañá martes, día 27, no Paseo Marítimo.

“O deporte e os hábitos de vida saudables son unha das prioridades deste goberno local de Viveiro. Ensinar aos nenos e ás nenas valores como a convivencia eo compañeirismo, ao tempo que se divirten e se manteñen activos é clave, e por iso sempre apoiamos iniciativas como o Diverbasket”, subliñou a alcaldesa, María Loureiro.