Skip to main content
Alfoz

O CEIP Castro de Ouro conta cun novo punto lúdico no patio

Por 8 Decembro, 2022Decembro 9th, 2022Sin comentarios

Despois de que o ano pasado o patio do Ceip Castro de Ouro comezara unha nova etapa co seu acondicionamento e a posta en marcha de xogos populares e tradicionais, con espazos de lecer e un rincón da amizade, esta semana veñen de incorporar paneis de xogo inclusivo.

Así, contan cun punto lúdico para todos e todas, que fomente o valor da igualdade no momento de xogo co grupo, e o recoñecemento e familiarización de escenas cotiás sen distinción por xénero como os xogos cos oficios.

Todos estes novos espazos fomentan a igualdade, o respecto e a non violencia de xénero, que son conceptos sobre os que os cativos aprenden e charlan nos obradoiros e no seu tempo libre e coas súas familias.