Skip to main content
AlfozAxenda Caducada

Monicreques KuKas presentará ‘Xan Perillán e a maleta máxica’ en Alfoz

Por 14 Decembro, 2022Sin comentarios

O sábado 17 de decembro ás 19.00 horas Monicreques KuKas presentará Xan Perillán e a maleta máxica no salón de actos da casa da cultura.

Ao remate da representación entregaranse os premios do XX Concurso de Postais de Nadal que se organiza desde a Biblioteca Municipal.

Este espectáculo está dirixido a público familiar e nenos e nenas a partir de 3 anos que combina clown e pantomima con maxia e manipulación de monicreques.

Xan Perillán é un home con sorte, tocoulle nunha rifa unha viaxe a Pernambuco… Pero onde queda Pernambuco? No hemisferio norte ou no sur?… cun pouco de maxia e a axuda dos nenos seguro que o descubrirá.

Xunta todas as súas cousas e vainas metendo nunha maleta, pero non é unha maleta calquera pois todo o que nela entra convértese nun truco de maxia. E por riba o seu loro Ravachol aparece e desaparece por arte de birlibirloque…