Skip to main content
Alfoz

Carme Marrube, de Carballido, Alfoz, celebrou o seu 100 aniversario

Por 20 Decembro, 2022Sin comentarios

O 17 de decembro, Carme Marrube Otero celebrou o seu 100 aniversario, rodeada da familia na súa casa de Carballido, Alfoz.

O alcalde, Jorge Val e a Concelleira de Servizos Sociais, Arantxa Incera entregáronlle, en nome do Concello de Alfoz, unha placa conmemorativa e un ramo de rosas como agasallo de cumpreanos para felicitala nun día tan especial.

Con Carmen, xa son tres, dúas veciñas e un veciño os que acadan un século de vida no municipio.